domingo, 11 de febrero de 2018

Sesión compartida: 4ª Actividade

Actividade: Quen é quen?

Materia: Segunda lingua estranxeira: francés
Curso: 2º PMAR
Nivel: A1-A2
Unidade: la famille et la description de personnes 

Estariamos ao final da unidade sobre a familia e as descricións de persoas. Antes de mandarlle unha actividade relacionada co tema, faríamos un braisntorming para recordar o vocabulario xa visto anteriormente na clase.

En primeiro lugar, pegaría unha “chuleta” na pizarra con construcións que dimos para describir ás persoas: Il est brun, Elle est grande, Il a les yeux bleus, Elle a les cheveux longues, Il est sympa, Elle est mignonne... Despois, poría unha foto dunha persoa na pantalla e entre todos teriamos que describir o seu aspecto físico e como cremos que é persoalmente. Un voluntario iría apuntando as frases que se van formando.

Unha vez rematada esa preactividade, repartiríalles aleatoriamente a cada alumno/a un papeliño co nome dun compañeiro. Ninguén poderá dicir quen lle tocou porque terán que facer unha pequena descrición sobre esa persoa en secreto. Mentres escriben a descrición, eu iría observando cada unha e axudaríalles se teñen algunha dúbida ou erro.

Por último, cando todos acabasen de escribir, cada alumno/a tería que ler en alto a súa descrición ao resto da clase sen dicir o nome da persoa. Unha vez que todos acabasen de ler, faríamos unha votación para ver de quen se trataba cada descrición.



2 comentarios:

  1. Ben deseñada para un ghrupo PMAR. Na primeira parte de exemplo, podes poñer unha persoa da túa familia e pedirlles que na parte da personalidade, aventuren respostas sobre como pensan que é esa persoa, respostas que logo ti podes comentar.

    ResponderEliminar
  2. É unha actividade moi axeitada para PMAR, é sinxela e polo tanto son capaces de facela e iso é gratificante para eles. Por certo, non te vai facer falta a votación, en canto se decaten de quen é o compañeiro, non son capaces de calar, pero iso está moi ben. Bo traballo!

    ResponderEliminar