Mostrando entradas con la etiqueta Ana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ana. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de febrero de 2018

Debate: 5ª Reflexión


A última sesión con Luz e Ana gustoume moitísimo. Poder estar todos xuntos de novo na última clase do mestrado coas dúas docentes que máis nos aportaron foi xenial. Ademais, os temas que nos propuxeron Luz e Ana para debater foron moi interesantes, xa que hoxe en día hai un gran dilema con estes temas: usar ou non a lingua materna nas clases de linguas estranxeiras, mandar ou non deberes para casa e utilizar as novas tecnoloxías na aula.


Como non podía ser doutra maneira, comezamos a clase cun warm up. A actividade de facerse pasar por un marciano pareceume moi graciosa e unha boa maneira de practicar a produción oral. Ademais, ao ser unha actividade divertida, creo que os alumnos/as a farían con máis ganas que se fose, por exemplo, falar de eles mesmos, da súa vida, etc. Así mesmo, serve para realizar con calquera grupo porque é bastante sinxela e non teñen que seguir ningunha pauta, simplemente falar ou intentar explicar cousas da maneira que máis fácil lles resulte.

A seguinte actividade por grupos foi pensar nas calidades que tiña o/a mellor docente que tivemos na nosa etapa educativa. A nós como grupo pareceunos súper importante a cercanía do docente cos seus alumnos/as e ao mesmo tempo que sexa esixente, que dea confianza para que os estudantes participen na clase e que teña paixón polo seu traballo. Cada grupo dixo unha calidade e todas me pareceron moi importantes, pero as que creo que son imprescindibles para un docente son que sexa xusto e que aparte de ter moitos coñecementos na materia que os saiba transmitir aos seus alumnos/as.

O primeiro debate que levamos a cabo por grupos foi o de usar a lingua materna na aula. Cando comezamos a debater, eu opinei que para francés en 1º da ESO como en principio ninguén deu anteriormente a materia e non saberían practicamente nada, si que usaría a lingua materna. Sen embargo, despois de escoitar as opinións das miñas compañeiras cambiei de opinión. Elas argumentaron que o francés é unha lingua moi parecida á nosa, polo que hai aspectos bastantes semellantes e non dificulta tanto o entendemento, e ademais que nos podemos apoiar tamén en imaxes, xestos, etc. para que haxa unha mellor comprensión.

Nos debates dos outros temas non cambiei a miña opinión persoal e todas opinabamos practicamente o mesmo. Con respecto aos deberes, eu estou de acordo en que haxa deberes para casa porque así é como poden practicar o que se estivo dando na clase. A maioría dos alumnos/as non van a practicar na súa casa inglés/francés voluntariamente, polo tanto eu creo que é necesario poñer algo de deberes. Ademais, a aprendizaxe das linguas estranxeiras ten que ser algo constante e continuo e, coas poucas horas que hai no currículo para as linguas, sen deberes sería imposible ter unha boa aprendizaxe. Iso si, poñer deberes con cabeza, e non 5 páxinas completas como fan algúns docentes, porque é verdade que os estudantes teñen moitas máis materias que a nosa nas que tamén lles porán deberes.


Por último, falando do uso das novas tecnoloxías na aula, penso que está ben utilizalas, pero como docentes hai que facer un bo uso delas. De nada sirve ter unha pizarra interactiva se se van seguir facendo os mesmo exercicios que co taboleiro normal. O mesmo ocorre coas tabletas e os ordenadores que substitúen os libros de texto, xa que moitos fan o mesmo que co libro, sen innovar nin facer actividades diferentes que antes sen a tecnoloxía non eran posibles. Ademais, hai que ter especial coidado, porque ás veces pode resultar perigoso que os estudantes utilicen o móbil, o ordenador ou a tableta sen a supervisión do docente.


En conclusión, tanto esta como as sesións anteriores con Luz e Ana gustáronme e aportáronme moitísimo, ensináronnos multitude de actividades para cada destreza, déronnos numerosos consellos e, sobre todo, a min persoalmente transmitíronme moitísimas ganas de ser docente. Polo tanto, por un lado estou moi agradecida de poder telas como docentes e, por outro lado, dáme pena non poder haber desfrutado delas moito máis tempo. Espero que nun futuro poida ser polo menos a metade de boa profesora que son elas. Grazas ás dúas.


Sesión compartida: 4ª Actividade

Actividade: Quen é quen?

Materia: Segunda lingua estranxeira: francés
Curso: 2º PMAR
Nivel: A1-A2
Unidade: la famille et la description de personnes 

Estariamos ao final da unidade sobre a familia e as descricións de persoas. Antes de mandarlle unha actividade relacionada co tema, faríamos un braisntorming para recordar o vocabulario xa visto anteriormente na clase.

En primeiro lugar, pegaría unha “chuleta” na pizarra con construcións que dimos para describir ás persoas: Il est brun, Elle est grande, Il a les yeux bleus, Elle a les cheveux longues, Il est sympa, Elle est mignonne... Despois, poría unha foto dunha persoa na pantalla e entre todos teriamos que describir o seu aspecto físico e como cremos que é persoalmente. Un voluntario iría apuntando as frases que se van formando.

Unha vez rematada esa preactividade, repartiríalles aleatoriamente a cada alumno/a un papeliño co nome dun compañeiro. Ninguén poderá dicir quen lle tocou porque terán que facer unha pequena descrición sobre esa persoa en secreto. Mentres escriben a descrición, eu iría observando cada unha e axudaríalles se teñen algunha dúbida ou erro.

Por último, cando todos acabasen de escribir, cada alumno/a tería que ler en alto a súa descrición ao resto da clase sen dicir o nome da persoa. Unha vez que todos acabasen de ler, faríamos unha votación para ver de quen se trataba cada descrición.



sábado, 10 de febrero de 2018

Luz e Ana: 4ª reflexión


A sesión compartida entre Luz e Ana estivo moi ben, xa que os temas dos que nos falaron cada unha foron moi interesantes e a maioría foron cousas novas para min. Con respecto á parte de Luz, gustoume moito falar da hora de titoría e dos grupos PMAR porque non habiamos tocado aínda eses temas até agora e penso que son tamén moi importantes para nós como futuros docentes. Neste mestrado tivemos unha materia de Orientación titorial, pero non nos ensinaron practicamente nada e tampouco vimos como podía estar unida á materia de linguas estranxeiras, algo que me pareceu unha idea xenial. Con respecto á parte de Ana, si que nos falaron bastante da metodoloxía CLIL noutra materia, pero case nada das seccións bilingües e dos auxiliares de conversación.

Comezamos a sesión con Luz como sempre con un warm up moi bo chamado “Photo posture”. Pareceume unha actividade moi divertida e sinxela para comezar a clase con calquera grupo de alumnos/as. Este tipo de actividades, como xa comentei noutras entradas, aínda que parezan unha parvada creo que son moi importantes para empezar a clase con bo pe, facendo que os estudantes esperten se están cansados, desmotivados, etc.

Por outro lado, falando xa de titoría, na miña opinión é unha boísima idea tratar os temas correspondentes a esa hora na lingua estranxeira, no meu caso o francés, porque así é unha maneira de practicar un pouco máis a lingua. Sen embargo, hai que ter en conta que a materia de francés non teñen porque tela todos os alumnos/as, porque na maioría dos institutos a partir de 3ª da ESO é optativa. Polo tanto, nestes casos habería algunhas actividades que non se poderían levar a cabo en francés, pero outras poderíanse adaptar. Por exemplo, se quixera mostrarlles un vídeo na pantalla podería ser o audio en francés e ter subtítulos en galego/español ou as actividades que fosen de cubrir follas, cuestionarios, etc. podería darllas aos que non teñen francés en galego/español e aos que si teñen en francés. Con respecto ás actividades que nos propuxo Luz para levar a cabo na hora de titoría, en realidade todas me pareceron moi boas. A actividade do horario ou o cuestionario da autoavaliación creo que son indispensables, a primeira para saber nós como titores o que fan pola tarde (se pasan moito tempo vendo a televisión, se non dedican nada de tempo ao estudo...) e a segunda para que se dean de conta eles mesmos se o que fan o fan ben, se teñen que cambiar os seus métodos de estudo, etc.


Tamén me gustou moito falar dos grupos PMAR, xa que non sabía practicamente nada de este tipo de grupos, nin como os escollían, nin as características que tiñan que ter, etc. A verdade é que como nos falou Luz sobre eles e da gratificación que lle daba dar clase a eses grupos, fixo que, se algún día son eu profesora, tivese ganas de estar con eses alumnos/as tamén. Aínda que ocorre o mesmo que antes, ao ser da especialidade de francés, non sei se podería darlle clase a eles, o que sería unha pena porque gustaríame probar. Ademais, as actividades que nos mostrou Luz para facer con eles, como “The Magic List” ou “My Dossier” parécenme que están moi ben porque son cousas que para nós son bastante sinxelas, pero que seguramente para eles non o son tanto e teñen que esforzarse para facelo ben.

Despois, na segunda metade da sesión con Ana tamén comezamos con unha actividade de warm up de escoller entre dúas cousas. Penso que é unha boa actividade, parecida á de Luz, para empezar a clase e espertar aos alumnos/as. Ademais, pódese utilizar en calquera curso porque a dificultade podémola aumentar ou diminuír segundo as palabras que escollamos para que se decanten. Así mesmo, penso que este xogo valería para practicar o vocabulario de moitas unidades, como poden ser os alimentos, os transportes, as viaxes...

Por outra parte, estivemos debatendo bastante sobre se as seccións bilingües son boas ou non. Eu persoalmente non podo falar moito deste tema, porque no meu instituto non había ningunha e non teño outro tipo de experiencia con elas. Aínda así, creo que son boas para os alumnos/as porque é unha maneira de practicar moito máis a lingua estranxeira e de coñecer moito máis vocabulario específico. Polo que á larga, é moi beneficioso para eles. A min a verdade é que gustaríame haber tido no meu instituto unha sección bilingüe.    Con respecto aos docentes, supoño que para eles é bastante máis difícil dar a materia noutro idioma e, sobre todo, como comentamos na clase, en institutos concertados ou privados que te poden obrigar a facelo sen ser optativo. Pero supoño que nun futuro, a maioría dos docentes terán bastantes máis coñecementos de inglés que os de agora, polo que terán xa moito máis nivel e non lles costará tanto dar unha clase noutro idioma.


Por último, falando dos auxiliares de conversación, tampouco teño moitos coñecementos nin experiencia neste tema, porque nin eu fun auxiliar nin tiven ningún cando eu era estudante. Aínda así, creo que está moi ben ter auxiliares, porque creo que aos alumnos/as motívalles moito máis que estea na clase unha persoa nativa, coa que se teñan que esforzar ademais a falar si ou si o seu idioma porque “non entende” español. Polo tanto, espero, se algún día son docente, ter na miña clase algún auxiliar de conversación. Iso si, esperemos que non estea case todos os luns con “dor de cabeza”, como nos comentou Ana.

jueves, 8 de febrero de 2018

Ana: 3ª reflexión

A terceira sesión con Ana sobre a explotación de libros de texto estivo moi ben, como todas as demais en realidade. É moi importante para nós como docentes manexar e coñecer moi ben o libro de texto que estamos utilizando na clase cos nosos alumnos/as. Ademais, como nos comentou Ana na sesión de onte, temos que estar por encima do libro, xa sexa porque teñan algún erro ou porque os exercicios que propoñen non estean moi elaborados ou non se lle saque tanto partido como nós si poderiamos facelo. Con respecto ao debate que hai hoxe en día de utilizar ou non libros de texto nas aulas, eu estou a favor de que si os haxa, pero iso non quere dicir que teñamos que facer todo o que o libro indica e seguilo rigorosamente. Máis ben sería como o que fixemos onte en grupos ao final da clase, ver que exercicios hai na unidade, cales serían interesantes de facer tal cal veñen no libro, se lles cambiariamos algo, se saltariamos exercicios e aportariamos algo novo nos, etc. Nos como docentes e “expertos na materia” temos que saber que exercicios son mellores para os nosos alumnos/as e de cales se pode sacar máis xugo.




Con respecto á actividade Quen son? que fixemos como warm up ao principio da sesión, pareceume moi divertida para realizar na aula con calquera curso, xa que se pode adaptar elixindo temas que resulten máis ou menos difíciles de adiviñar ou que se necesite máis ou menos a comunicación entre eles. Ademais é unha actividade que non costa nada facer e é reutilizable, polo que metereina segurísimo na miña mochila como profesora.

Tamén me gustou moito que nos falase un pouco dos docentes César Bona, David Calle e Ángel Carracedo, xa que aos dous primeiros, aínda que si os coñecía por ser bos profesores, non sabía moito máis deles e ao último non o coñecía. Ana comentounos algunhas frases que dixeron cada un e a verdade é que estou completamente de acordo con todas, como por exemplo “a curiosidade é o motor que nos move” e “hai que darlle mimos aos nenos/as”. Facendo especial atención a esta última, eu non son moito de facer ese tipo de comentarios porque simplemente non me saen, pero creo que, en realidade, aínda que pareza algo sen insignificancia, si que é importante, polo que espero cambiar e, se algún dia son profesora, dicilo de vez en cando.

Cando pasamos a ver os libros de texto, gustoume, en primeiro lugar, que Ana nos trouxera o libro co que está ela traballando cos seus alumnos/as na clase e non outro calquera e, en segundo lugar, que nos comentara actividades que si fixo de verdade cos seus alumnos/as e non posibles hipóteses do que se podería facer, que é o que fixemos con outros docentes. Algo que teño claro que farei sen dúbida é plastificar fotos sobre temas diferentes, como as fotos que nos ensinou Ana de comida. Ademais, dependendo das fotos pódense usar para cursos diferentes e para facer distintos tipos de actividades por grupos, en parellas, todos xuntos... Outra cousa que me chamou a atención do que nos dixo Ana foi que non explique a gramática. Supoño que me soará raro porque cando eu era estudante sempre era no que máis se paraban os profesores. Sen embargo, creo que Ana ten razón e que non hai que chamarlle por exemplo “Relative clauses”, porque en realidade os alumnos/as non saben nin o que é en español, polo que é mellor ir introducindo as cousas sen explicar que é como aprendemos a nosa lingua materna.

Por último, teño que comentar que me gustou moito o detalle de que Ana nos trouxera ás de francés unhas fotocopias dun libro de texto de francés, ademais de que nos axudou a facer posibles actividades. A verdade é que se agradece moito porque en realidade de francés non tivemos docentes que nos ensinaran actividades a traballar cos alumnos/as como Ana e Luz para inglés. Hai algunhas actividades que si as podemos copiar e levar a cabo na clase de francés, pero hai outras que son bastante difíciles de facer debido ao nivel inferior que hai con respecto ao inglés. Polo tanto, teño que dicir que os meus compañeiros de inglés danme bastante envexa sa.

En resumo, foi unha moi boa sesión onde Ana nos aportou, como sempre, moitas cousas. Cada vez teño máis claro que, nun futuro, encantaríame ser como Ana pero na materia de francés. Ogallá me chamen “loca”, porque se o fan quererá dicir que estou facendo ben o meu traballo como docente.


Is technology transforming education?

Con respecto ao artigo Is technology transforming education? estou moi de acordo co que di Russell Stannard. Penso que na maioría dos centros estase facendo un “mal” uso da tecnoloxía, porque cren que cambiando un libro de texto por un ordenador ou unha tablet xa está, pero non é así. Para que a nosa educación sexa transformadora, o que hai que cambiar primeiro é a metodoloxía tradicional que se emprega aínda nas aulas e o currículo. De nada sirve ter a última moda en tecnoloxía na clase se despois non se explota, e o único que se fai é o mesmo que antes (por exemplo, exercicios de encher ocos), cambiando simplemente o material: un taboleiro por unha pizarra interactiva ou un bolígrafo por un teclado. Iso non é nada innovador, xa que segue sendo unha ensinanza conductual típica. Polo tanto, para transformar a ensinanza e a aprendizaxe, non basta soamente coa tecnoloxía, vai moito máis alá. Os docentes teñen que decidir como usar a tecnoloxía e como queren que os seus alumnos/as a usen, innovando en actividades, co obxectivo de que os estudantes teñan clases máis activas e participativas e desenvolvan outro tipo de habilidades que son necesarias hoxe en día.


sábado, 3 de febrero de 2018

Ana: 2ª reflexión

A segunda sesión con Ana sobre a comprensión escrita pareceume moi interesante e dinámica, xa que, como nas sesión anteriores con ela e con Luz, realizamos moitísimas actividades novas para nós. A verdade é que pensar na comprensión escrita nunha lingua estranxeira normalmente é bastante aburrido para os alumnos/as, xa que sempre soe ser da mesma maneira: ler un texto sobre algo que non lles interesa practicamente nada e contestar ás preguntas. Sen embargo, nesta sesión con Ana puidemos ver que hai moitas e diferentes maneiras de practicar a comprensión escrita sen ser nada aburrido.


Gustáronme moito os dous warm up que realizamos para comezar a clase, porque son actividades moi sinxelas que se poden adaptar a calquera curso e serven tamén para sacarlle un sorriso e comezar as clases alegres e un pouco máis relaxados. Ademais, é moi útil para realizar como Bell work, así mentres os estudantes están concentrados facendo ese tipo de actividades, ti como profesor podes organizarte e preparar os materiais para despois. Creo que este tipo de actividades, aínda que parezan unha parvada, en realidade son moi importantes porque fan que os alumnos/as empecen a sesión contentos e con bo pe, algo que penso que inflúe bastante na participación despois ao longo da clase. Con respecto á actividade The three minute test, estou moi de acordo en que os estudantes teñen un malo costume en realizar os exercicios e actividades sen lelo primeiro todo. De feito, eu mesma cando era alumna cometía ese tipo de erros, polo que hai que intentar corrixirlle ese hábito dalgunha forma e mostrarlles o importante que é ler todo ben antes de comezar porque, ás veces, soamente por culpa diso faise mal unha actividade e é unha mágoa.

Outra actividade que me gustou moito foi o texto coas palabras inventadas e ter que sacarlle igualmente o sentido. Penso que é unha boa actividade para ensinarlles aos alumnos/as que non hai que comprendelo todo nun texto e sobre todo que non se deben bloquear cando non saben o significado dalgunha palabra. Pero para iso, nós como docentes temos que ensinarlle estratexias para que sexan capaces de contestar a preguntas sen sabelo practicamente todo. Sen embargo, cando eu era alumna e penso que aínda hoxe en día, non hai moitos profesores que axuden aos seus alumnos/as a adquirir este tipo de estratexias, simplemente lles piden que lean o texto e contesten ás preguntas sen máis nada.

Por outro lado, algo que me encantou e que copiarei a idea sen dúbida foi a pizarra que nos ensinou Ana para a adquisición de vocabulario. É algo moi sinxelo de facer, reutilizable e que aos alumnos/as seguro que lles motiva máis escribir aí que na súa propia libreta. Ademais, penso que pode ter moitas máis utilidades que soamente para traballar co vocabulario. Outros xogos que me pareceron xeniais para levar a cabo na clase e practicar vocabulario son o Tabú e o de Little Envelopes. Creo que están moi ben porque aos alumnos/as encántanlle facer este tipo de cousas na clase que se saen do común e, ademais, inconscientemente están adquirindo vocabulario e non lles está costando tanto como cando teñen que “chapar”.

Con respecto ás actividades para realizar coas imaxes das princesas Disney ou coa historia Blue for a boy, pink for a girl, penso que é moi importante traballar este tipo de temas independentemente de que sexamos profesores de linguas estranxeiras. Ademais, este tipo de actividades poderíanse facer con todos os cursos adaptándose un pouco. Por exemplo, co alumnado de bacharelato que ten máis nivel poderíase realizar un debate oral ou mandarlle facer unha redacción coa súa opinión sobre ese tema en concreto, e para os de menos nivel poderíaselles pedir que describiran as fotos das princesas Disney ou dar razóns de porque ou porque non o azul é para nenos e o rosa para nenas.


Por último, vou falar un pouco sobre os exames e a reválida. En primeiro lugar, gustoume que Ana nos ensinara algún exame que fai ela para os seus alumnos/as e que nos trouxera tamén os exames da reválida porque nunca os vira e non sabía exactamente como eran. Se xa non estaba moi de acordo coa reválida co feito de implantala sen cambiar nada do sistema educativo, agora que vin o exame, menos. Algunhas das cousas que máis me chamaron a atención como comentamos xa na sesión con Ana foron a cantidade enorme de estrago de papel, as actividades de listening sen ningún prelistening, a maneira máis pesada que esixen para corrixir o writing e, sobre todo, o pouco que pagan por corrixir os exames. Quedeime alucinando cando Ana nos dixo a cantidade exacta, porque non pensaba para nada que puideran pagar tan pouco a verdade.

En resumo, penso que foi unha sesión moi boa e moi produtiva onde Ana nos ensinou, outra vez máis, moitas actividades para ir metendo na nosa mochila como docentes. Alégrome moitísimo de poder ter a Ana e a Luz como profesoras porque é con elas onde estamos aprendendo moitas cousas de verdade que nos serán súper útiles para o noso futuro. 

sábado, 20 de enero de 2018

Ana: 1ª reflexión

A primeira sesión que tivemos con Ana encantoume, a verdade é que daban ganas de ser xa docente por como nos falaba e nos transmitía a súa felicidade sendo profesora. Nótase que ten unha gran experiencia e que nos vai axudar moitísimo a levar unha clase e a ensinar multitude de actividades e recursos. Como xa dixen na entrada anterior para Luz, por fin temos profesoras de instituto que poidan compartir con nos a súa experiencia e contarnos a súa verdade do día a día nun instituto. Isto é o que levabamos esperando dende Setembro, meternos de cheo na profesión e aprender a como levar unha clase, que actividades ou recursos propoñer aos alumnos/as, etc.

En xeral, gustáronme todas as actividades que nos ensinou a docente de comprensión oral e penso que practicamente todas son moi útiles e fáciles para levar a cabo na clase. Ademais, moitas delas pódense adaptar a cada grupo dependendo no nivel que teñan e, algo moi importante, é que a maioría son reutilizables para calquera momento.

As actividades coas que comezamos a clase, tanto “The chain of…” e “The paper ball” xa as coñecía, pero non a puxera en práctica nin na pouca experiencia docente que teño nin, que eu recorde, ningún profesor a fixo cando eu era alumna de instituto. Parécenme ambas boas actividades para os primeiros días do curso ou para comezar unha clase con estudantes que non coñeces. Este tipo de actividade é unha boa táctica para quedarte cos nomes de cada alumno/a e saber tamén algunha información persoal sobre eles. Así mesmo, gracias a estes xogos pódese facer unha primeira avaliación inicial da lingua estranxeira sen que se dean de conta, xa que se pode observar quen fala perfectamente, a quen lle costa un pouco máis, quen ten vergonza de falar en público, quen non... Nun futuro próximo, xa mesmo nas prácticas que realicemos en Febreiro, espero poder facer estas actividades cos alumnos/as os primeiros días para así coñecelos un pouco e ter unha boa entrada, xa que penso que este tipo de actividades gústanlle e son divertidas para os rapaces e rapazas. Ademais, penso que como docente coñecer aos teus alumnos/as é algo primordial para ter unha relación máis achegada con eles e así levar unha clase dinámica onde todos, dentro do posible, estean a gusto. A desvantaxe que ten ser docente de francés para realizar estes xogos é que os alumnos/as teñen normalmente un nivel baixo do idioma ou son principiantes, polo que non serían capaces de dicir moitas cousas en francés, sobre todo en 1º e 2º da ESO.

Gustoume facer un repaso sobre os termos exercicio, actividade, tarefa e proxecto e, sobre todo, dar algúns exemplos de cada un deles. Con respecto aos exercicios, como son en teoría o máis aburrido e o máis fácil de facer eles sos, eu mandaríaos sempre de deberes para casa, porque como comentamos na clase, os 50 minutos penso que hai que rendibilizalos ao máximo e intentar facer actividades que os estudantes non fagan na casa, como falar e escoitar na lingua estranxeira. Ademais, na miña opinión, estar a metade da clase corrixindo exercicios non é a mellor maneira de aprender e practicar unha lingua. Falando un pouco do problemático tema dos deberes, creo que estes son bastante importantes para os estudantes, non digo que haxa que mandar 10 páxinas de exercicios todos os días, pero si algunha cousa que se dera anteriormente na clase para estar en contacto coa lingua estranxeira non soamente nas horas obrigatorias no instituto. Un alumno/a normal ao que en teoría non lle interesan moito os idiomas, non vai repasar, practicar ou facer algo relacionado coa lingua estranxeira se ti non lle mandas. Con respecto aos proxectos, gustoume moito que Ana nos falara deles e nos aconsellara non facelos ata ter algo de experiencia, a verdade é que este tipo de consellos agradécense moitísimo porque nós, ao non ter case experiencia, non sabemos como levar este tipo de cousas, cando deberiamos facelo ou cando non, se é mellor colaborar soamente, etc. Ademais, penso que os proxectos son algo bastante difícil de levar que require un gran traballo detrás e, se non tes unha experiencia, pódeseche ir das mans ou non saírche como te esperabas polo que acabas frustrado. Aínda así, estou moi a favor de traballar por proxectos e penso que aos alumnos/as gústalle facer este tipo de cousas reais onde podan ver que o seu traballo ten os seus frutos. Espero que nun futuro se son docente poida levar a cabo proxectos cos meus alumnos/as ou participar en moitos deles como o que nos ensinou Ana que se levou a cabo no instituto IES Carlos Casares “As estrelas máis estrelas de todas as estrelas”.

Tamén foi moi interesante falar da motivación especialmente intrínseca, é dicir, que o alumnado faga algo porque de verdade lle gusta ou lle interesa e non unicamente para aprobar ou non ser castigados. Na miña opinión, a motivación nos adolescentes é algo bastante difícil de conseguir que soamente os bos docentes con moito traballo detrás conseguen, xa que moitos deles van ao instituto ou estudan por obrigación. Aínda así, estou de acordo cos factores de Malone e Lepper, para que a motivación intrínseca aumente, os docentes teñen que preparar actividades que sexan retos para os estudantes, que lle produzan curiosidade e ao mesmo sentan que teñen o control, que se recoñeza o seu traballo e que haxa traballo cooperativo ou competición sa. Con respecto a este último factor, quedeime co detalle que nos dixo a docente de darlle de vez en cando caramelos, chocolatinas, etc. aos alumnos que gañen. Gustoume a idea e penso facelo se algún día son profesora, porque parece unha parvada pero creo que daría bastantes bos resultados.

Outro punto moi interesante foron as actividades de recepción/comprensión tanto oral como escrita segundo o input, onde a docente compartiu con nós algúns exemplos. Sexa un ou outro o que temos que ter claro é que debe ter sempre un propósito e debémoslle facilitar as cousas ao alumnado. Antes de facer unha escoita debemos comentar de que se trata ou que teñen que facer porque senón moitos estarán perdidos ou farán unha especie de quiniela. Ademais, hai que ter en conta tamén a diversidade e, a verdade, até agora nunca o pensara nin o vira, pero gustoume a idea de facer diferentes actividades co mesmo input.

Por último, outro tema tratado na clase foi o ditado, pero non sabía que existían tantos tipos de ditados e tan “divertidos” comparados co de toda a vida. Penso que os ditados teñen moitos beneficios e son moi bos para as clases de idiomas, ademais, se se fan dentro dunha actividade amena como son as cancións moito mellor. Tamén temos que ter en conta o nivel do alumnado, xa que cos máis pequenos poderase usar o Picture dictation e cos máis maiores o de tomar notas.

En resumo, foi unha clase moi útil e dinámica, con moitos consellos, actividades e recursos que apuntar. Espero que as demais sexan así de interesantes e nos sirvan tanto como esta para o noso futuro docente.

TAREFA

Ler no Diccionario virtual Cervantes (cvc.cervantes.es) as entradas correspondentes a

-          Actividad comunicativa: actividad de aprendizaje concebida para que los alumnos aprendan a comunicarse usando la lengua.
-          Actividad de aprendizaje: todas aquellas acciones que realiza el alumno como parte del proceso instructivo que sigue, ya sea en el aula de la lengua meta o en cualquier otro lugar
-          Actividad de práctica controlada: actividad de aprendizaje en la que los alumnos deben seguir con cierta fidelidad un texto o modelo lingüístico y el profesor controla el grado de corrección.
-          Actividad de práctica libreaquella en la que los aprendientes deben usar de modo creativo los conocimientos o destrezas que han sido presentados y practicados previamente.
-          Actividad posibilitadoraactividades de aprendizaje que se realizan en el marco del enfoque por tareas y que se conciben como fases preparatorias de la tarea final.
-          Actividad de la lengua: tareas que las personas realizamos con el lenguaje natural con el fin de alcanzar unos objetivos concretos.
-          Actividades y estrategias de comprensión: actividades de la lengua relacionadas con escuchar o leer que realizan los alumnos utilizando unas competencias y desarrollando unos procesos lingüísticos de comprensión auditiva o lectora, con el propósito de alcanzar unos objetivos concretos
-          Actividades y estrategias de expresión: actividades de la lengua relacionadas con hablar o escribir que realizan los alumnos utilizando unas competencias y desarrollando unos procesos lingüísticos de expresión oral o escrita, con el propósito de alcanzar unos objetivos concretos.
-          Actividades y estrategias de interacción: actividades de la lengua en la que dos alumnos se van turnando en sus papeles de emisor y receptor y van construyendo una conversación o un texto escrito.
-          Actividades y estrategias de mediación: actividades de la lengua en las que el usuario actúa como intermediario o mediador entre otras personas que no pueden comunicarse de forma directa.