A primeira sesión que tivemos con Ana encantoume, a
verdade é que daban ganas de ser xa docente por como nos falaba e nos
transmitía a súa felicidade sendo profesora. Nótase que ten unha gran
experiencia e que nos vai axudar moitísimo a levar unha clase e a ensinar
multitude de actividades e recursos. Como xa dixen na entrada anterior para
Luz, por fin temos profesoras de instituto que poidan compartir con nos a súa
experiencia e contarnos a súa verdade do día a día nun instituto. Isto é o que
levabamos esperando dende Setembro, meternos de cheo na profesión e aprender a
como levar unha clase, que actividades ou recursos propoñer aos alumnos/as,
etc.
En xeral, gustáronme todas as actividades que nos ensinou
a docente de comprensión oral e penso que practicamente todas son moi útiles e
fáciles para levar a cabo na clase. Ademais, moitas delas pódense adaptar a
cada grupo dependendo no nivel que teñan e, algo moi importante, é que a maioría
son reutilizables para calquera momento.
As actividades coas que comezamos a clase, tanto “The
chain of…” e “The paper ball” xa as coñecía, pero non a puxera en práctica nin
na pouca experiencia docente que teño nin, que eu recorde, ningún profesor a
fixo cando eu era alumna de instituto. Parécenme ambas boas actividades para os
primeiros días do curso ou para comezar unha clase con estudantes que non
coñeces. Este tipo de actividade é unha boa táctica para quedarte cos nomes de
cada alumno/a e saber tamén algunha información persoal sobre eles. Así mesmo,
gracias a estes xogos pódese facer unha primeira avaliación inicial da lingua
estranxeira sen que se dean de conta, xa que se pode observar quen fala
perfectamente, a quen lle costa un pouco máis, quen ten vergonza de falar en público,
quen non... Nun futuro próximo, xa mesmo nas prácticas que realicemos en
Febreiro, espero poder facer estas actividades cos alumnos/as os primeiros días
para así coñecelos un pouco e ter unha boa entrada, xa que penso que este tipo
de actividades gústanlle e son divertidas para os rapaces e rapazas. Ademais,
penso que como docente coñecer aos teus alumnos/as é algo primordial para ter
unha relación máis achegada con eles e así levar unha clase dinámica onde
todos, dentro do posible, estean a gusto. A desvantaxe que ten ser docente de
francés para realizar estes xogos é que os alumnos/as teñen normalmente un
nivel baixo do idioma ou son principiantes, polo que non serían capaces de
dicir moitas cousas en francés, sobre todo en 1º e 2º da ESO.
Gustoume facer un repaso sobre os termos exercicio,
actividade, tarefa e proxecto e, sobre todo, dar algúns exemplos de cada un
deles. Con respecto aos exercicios, como son en teoría o máis aburrido e o máis
fácil de facer eles sos, eu mandaríaos sempre de deberes para casa, porque como
comentamos na clase, os 50 minutos penso que hai que rendibilizalos ao máximo e
intentar facer actividades que os estudantes non fagan na casa, como falar e
escoitar na lingua estranxeira. Ademais, na miña opinión, estar a metade da
clase corrixindo exercicios non é a mellor maneira de aprender e practicar unha
lingua. Falando un pouco do problemático tema dos deberes, creo que estes son
bastante importantes para os estudantes, non digo que haxa que mandar 10
páxinas de exercicios todos os días, pero si algunha cousa que se dera
anteriormente na clase para estar en contacto coa lingua estranxeira non
soamente nas horas obrigatorias no instituto. Un alumno/a normal ao que en
teoría non lle interesan moito os idiomas, non vai repasar, practicar ou facer
algo relacionado coa lingua estranxeira se ti non lle mandas. Con respecto aos
proxectos, gustoume moito que Ana nos falara deles e nos aconsellara non
facelos ata ter algo de experiencia, a verdade é que este tipo de consellos
agradécense moitísimo porque nós, ao non ter case experiencia, non sabemos como
levar este tipo de cousas, cando deberiamos facelo ou cando non, se é mellor
colaborar soamente, etc. Ademais, penso que os proxectos son algo bastante difícil
de levar que require un gran traballo detrás e, se non tes unha experiencia, pódeseche
ir das mans ou non saírche como te esperabas polo que acabas frustrado. Aínda
así, estou moi a favor de traballar por proxectos e penso que aos alumnos/as gústalle
facer este tipo de cousas reais onde podan ver que o seu traballo ten os seus frutos.
Espero que nun futuro se son docente poida levar a cabo proxectos cos meus
alumnos/as ou participar en moitos deles como o que nos ensinou Ana que se
levou a cabo no instituto IES Carlos Casares “As estrelas máis estrelas de
todas as estrelas”.
Tamén foi moi interesante falar da motivación
especialmente intrínseca, é dicir, que o alumnado faga algo porque de verdade lle
gusta ou lle interesa e non unicamente para aprobar ou non ser castigados. Na
miña opinión, a motivación nos adolescentes é algo bastante difícil de conseguir
que soamente os bos docentes con moito traballo detrás conseguen, xa que moitos
deles van ao instituto ou estudan por obrigación. Aínda así, estou de acordo
cos factores de Malone e Lepper, para que a motivación intrínseca aumente, os
docentes teñen que preparar actividades que sexan retos para os estudantes, que
lle produzan curiosidade e ao mesmo sentan que teñen o control, que se recoñeza
o seu traballo e que haxa traballo cooperativo ou competición sa. Con respecto
a este último factor, quedeime co detalle que nos dixo a docente de darlle de
vez en cando caramelos, chocolatinas, etc. aos alumnos que gañen. Gustoume a
idea e penso facelo se algún día son profesora, porque parece unha parvada pero
creo que daría bastantes bos resultados.
Outro punto moi interesante foron as actividades de
recepción/comprensión tanto oral como escrita segundo o input, onde a docente
compartiu con nós algúns exemplos. Sexa un ou outro o que temos que ter claro é
que debe ter sempre un propósito e debémoslle facilitar as cousas ao alumnado.
Antes de facer unha escoita debemos comentar de que se trata ou que teñen que
facer porque senón moitos estarán perdidos ou farán unha especie de quiniela.
Ademais, hai que ter en conta tamén a diversidade e, a verdade, até agora nunca
o pensara nin o vira, pero gustoume a idea de facer diferentes actividades co
mesmo input.
Por último, outro tema tratado na clase foi o ditado,
pero non sabía que existían tantos tipos de ditados e tan “divertidos” comparados
co de toda a vida. Penso que os ditados teñen moitos beneficios e son moi bos
para as clases de idiomas, ademais, se se fan dentro dunha actividade amena
como son as cancións moito mellor. Tamén temos que ter en conta o nivel do
alumnado, xa que cos máis pequenos poderase usar o Picture dictation e cos máis maiores o de tomar notas.
En resumo, foi unha clase moi útil e dinámica, con moitos
consellos, actividades e recursos que apuntar. Espero que as demais sexan así
de interesantes e nos sirvan tanto como esta para o noso futuro docente.
TAREFA
Ler no Diccionario virtual Cervantes
(cvc.cervantes.es) as entradas correspondentes a
-
Actividad comunicativa: actividad de aprendizaje concebida para que los
alumnos aprendan a comunicarse usando la lengua.
-
Actividad de aprendizaje: todas aquellas acciones que realiza el alumno
como parte del proceso instructivo que sigue, ya sea en el aula de la lengua meta o en cualquier otro lugar
-
Actividad de práctica controlada: actividad de aprendizaje en la que
los alumnos deben seguir con cierta fidelidad un texto o modelo lingüístico y
el profesor controla el grado de corrección.
-
Actividad
de práctica libre: aquella en la que los aprendientes deben usar de modo
creativo los conocimientos o destrezas que han sido presentados y practicados
previamente.
-
Actividad
posibilitadora: actividades de aprendizaje que se realizan en el marco del
enfoque por tareas y que se conciben como fases preparatorias de la tarea final.
-
Actividad
de la lengua: tareas
que las personas realizamos con el lenguaje natural con el fin de alcanzar unos
objetivos
concretos.
-
Actividades
y estrategias de comprensión: actividades de
la lengua relacionadas con escuchar o leer que
realizan los alumnos utilizando unas competencias y desarrollando unos procesos
lingüísticos de comprensión auditiva o lectora, con el propósito de alcanzar
unos objetivos concretos
-
Actividades y estrategias de expresión: actividades de la lengua relacionadas con
hablar o escribir que realizan los alumnos utilizando unas competencias y desarrollando
unos procesos lingüísticos de expresión oral o escrita, con el propósito de
alcanzar unos objetivos concretos.
-
Actividades y estrategias de interacción: actividades de la lengua en la que dos
alumnos se van turnando en sus papeles de emisor y receptor y van construyendo
una conversación o un texto escrito.
-
Actividades y estrategias de mediación: actividades de la lengua en las que el
usuario actúa como intermediario o mediador entre otras personas que no pueden
comunicarse de forma directa.
Moi boa reflexión,Ruth. Gracias polos teus comentarios. Alégrame que sentiras a sesión de proveito para ti.
ResponderEliminar