ACTIVIDADE: Simulación dun
mercado na clase
Materia: Segunda lingua estranxeira: francés
Curso: 3º ESO
Tempo: 50 minutos
Tempo: 50 minutos
Estariamos ao final da unidade de alimentos e tendas, co
vocabulario, gramática e aspectos funcionais e culturais correspondentes a esta
unidade vistos:
-Vocabulario: alimentos (pomme, fromage, poulet,
baguette...) e tendas (pâtisserie, boulangerie, boucherie, épicerie...).
- Gramática: verbos (acheter,
payer, vouloir, coûter),
partitivos (du, de l’, de la, des).
- Aspectos funcionais: diálogos característicos do
mercado (je voudrais..., combien ça
coûte...?).
- Aspectos culturais: horarios comerciais e hábitos de
compra nun mercado.
Antes de comezar a actividade, que sería un role play dun mercado de comida, faría
unha actividade de brainstorming para
recordar entre todos/as o vocabulario que imos necesitar para realizar a
actividade. No encerado escribiría catro columnas coas tendas que vai haber na
simulación (carnicería-charcutería, panadería-pastelería, froitería e peixería).
Os alumnos deberán ir dicindo rapidamente produtos que se compren en cada unha
das tendas.
Despois, para facer catro grupos diferentes daríalle unha folla a
cada alumno cunha cor diferente, así, os que teñan a cor laranxa son un grupo,
os que teñan a cor azul outro grupo, etc. Ademais, cada cor terá asinada unha
tenda. Mentres se van poñendo en grupos, colocaría unha mesa en cada esquina da
clase como se fose unha das distintas tendas de comida. Logo, daríalle a
cada grupo diñeiro de mentira e fotos de comida para que sexa un pouco máis
real.
Por último, mentres se poñen de acordo en quen empeza como vendedor e
quen son os clientes, colgaría na parede por toda a clase uns papeis escritos
con frases en francés necesarias para a comunicación nun mercado (Je voudrais
un/a..., Bonne journée!, Combien ça coûte?...,Cela coûte..., Merci beaucoup!...).
A docente iría observando pola clase a tódolos grupos e marcaría os tempos
para que os alumnos/as cambien de tenda e de rol.
Para cerrar a actividade, podería
facerlles preguntas sobre o que compraron, porque o compraron, canto lle costou,
etc. ou podería propor unha especie de debate onde lles preguntaría se lles
pareceu complicado ou se non, se cren que serían capaces de comprar nun país de
fala francesa ou se é moi diferente ou pouco a comprar en España.
Con esta actividade estaríase practicando a competencia
en comunicación lingüística, a competencia matemática e competencias básicas en
ciencia e tecnoloxía e a competencia social e cívica.
Unha actividade sinxela pero moi ben deseñada e explicada. A mesma podes facela variando as "tendas", por exemplo en Nadal, mercar un regalo, antes do verán equiparse para a praia ou unha viaxe, etc.
ResponderEliminar