martes, 23 de enero de 2018

Luz: 2ª Actividade

ACTIVIDADE A PARTIR DUNHA FOTO

Materia: Segunda lingua estranxeira: francés
Curso: 4º ESO
Nivel: A2-B1
Unidade: les vacances et les activités de plein air

Primeiro sen dicirlles nada poñeríalles unha foto persoal na pantalla para collelos por sorpresa. A foto que lles mostraría foi feita no Algarve de vacacións coas miñas amigas. Paréceme que algo indispensable para que os alumnos/as poñan interese nunha actividade é que esta sexa o máis personalizada e contextualizada posible. Así, con este tipo de fotos, hai tamén information gap real, polo que podemos explotar a curiosidade real. Ademais, se é unha imaxe persoal da profesora, mais aínda, xa que aos alumnos/as encántalle saber da vida dos docentes. Polo tanto, o normal sería ter unha boa resposta pola súa parte para levar a cabo a actividade. Iso si, hai que ter coidado coas fotos que escollemos, xa que non todas se prestan a facer actividades de este tipo, xa sexa por temas delicados, por ser demasiado persoal ou simplemente por ser unha foto sen nada que sacar dela.


Despois, faría o xogo de Two truths one lie con respecto á foto. Diría en francés dúas verdades e unha mentira, por exemplo: Cet été, je suis allée en vacances en Italie; Une des filles sur la photo est ma soeur e La personne qui a pris la photo était le guide touristique. En parellas co compañeiro do lado terían que facerme preguntas en francés para intentar adiviñar cal é a mentira (Quelle est ta soeur sur la photo?, Comment s'appelle le guide touristique?, Quelle partie de l'Italie?...). Despois de contestar ás preguntas, cada parella tería que pórse de acordo e votar pola que cre que é falsa e dar as súas razóns explicando o porque en francés. Por último, sairíamos de dúbidas dicindo quen tivo razón e porque. Esta actividade tería unha duración de 15 minutos.

Logo aproveitariamos a foto para facer outra actividade. Por parellas terían que crear un final ou unha pequena historia do que pasa despois dese momento concreto da foto. Así, os alumnos/as usarían a súa imaxinación e traballarían a competencia artística. Para comezar a actividade, primeiro terían que escribir en francés nunha folla a historia e eu, como docente, iría por cada grupo vendo o que escriben e axudando aos que tiveran algún problema ou dúbida. Despois cada parella lería en alto a súa historia e, para terminar, faríamos unha especie de votación para a historia que máis nos gustou. Por último, proporíalles traer o próximo día unha foto súa para facer un show and tell. Esta actividade tería unha duración de 20 minutos.

1 comentario:

  1. Unha actividade sinxela, ben explicada e con moitas posibilidades de explotación en clase, moi MINIMAX! Para a extensión da actividade, cando son os alumnos os que explican a súa foto, estaría ben facer algo de práctica para descrición de imaxes con vocabulario e estruturas adecuadas, sobre todo nos niveis máis baixos.

    ResponderEliminar