A sesión compartida entre Luz e Ana estivo moi ben, xa
que os temas dos que nos falaron cada unha foron moi interesantes e a maioría
foron cousas novas para min. Con respecto á parte de Luz, gustoume moito falar
da hora de titoría e dos grupos PMAR porque non habiamos tocado aínda eses
temas até agora e penso que son tamén moi importantes para nós como futuros
docentes. Neste mestrado tivemos unha materia de Orientación titorial, pero non
nos ensinaron practicamente nada e tampouco vimos como podía estar unida á
materia de linguas estranxeiras, algo que me pareceu unha idea xenial. Con
respecto á parte de Ana, si que nos falaron bastante da metodoloxía CLIL noutra
materia, pero case nada das seccións bilingües e dos auxiliares de
conversación.
Comezamos a sesión con Luz como sempre con un warm up moi bo chamado “Photo posture”. Pareceume unha
actividade moi divertida e sinxela para comezar a clase con calquera grupo de
alumnos/as. Este tipo de actividades, como xa comentei noutras entradas, aínda
que parezan unha parvada creo que son moi importantes para empezar a clase con
bo pe, facendo que os estudantes esperten se están cansados,
desmotivados, etc.
Por outro lado, falando xa de titoría, na miña opinión é
unha boísima idea tratar os temas correspondentes a esa hora na lingua
estranxeira, no meu caso o francés, porque así é unha maneira de practicar un
pouco máis a lingua. Sen embargo, hai que ter en conta que a materia de francés
non teñen porque tela todos os alumnos/as, porque na maioría dos institutos a
partir de 3ª da ESO é optativa. Polo tanto, nestes casos habería algunhas actividades
que non se poderían levar a cabo en francés, pero outras poderíanse adaptar.
Por exemplo, se quixera mostrarlles un vídeo na pantalla podería ser o audio en
francés e ter subtítulos en galego/español ou as actividades que fosen de
cubrir follas, cuestionarios, etc. podería darllas aos que non teñen francés en
galego/español e aos que si teñen en francés. Con respecto ás actividades que
nos propuxo Luz para levar a cabo na hora de titoría, en realidade todas me
pareceron moi boas. A actividade do horario ou o cuestionario da autoavaliación
creo que son indispensables, a primeira para saber nós como titores o que fan
pola tarde (se pasan moito tempo vendo a televisión, se non dedican nada de
tempo ao estudo...) e a segunda para que se dean de conta eles mesmos se o que
fan o fan ben, se teñen que cambiar os seus métodos de estudo, etc.
Tamén me gustou moito falar dos grupos PMAR, xa que non
sabía practicamente nada de este tipo de grupos, nin como os escollían, nin as
características que tiñan que ter, etc. A verdade é que como nos falou Luz
sobre eles e da gratificación que lle daba dar clase a eses grupos, fixo que,
se algún día son eu profesora, tivese ganas de estar con eses alumnos/as tamén.
Aínda que ocorre o mesmo que antes, ao ser da especialidade de francés, non sei
se podería darlle clase a eles, o que sería unha pena porque gustaríame probar.
Ademais, as actividades que nos mostrou Luz para facer con eles, como “The
Magic List” ou “My Dossier” parécenme que están moi ben porque son cousas que
para nós son bastante sinxelas, pero que seguramente para eles non o son tanto e
teñen que esforzarse para facelo ben.
Despois, na segunda metade da sesión con Ana tamén
comezamos con unha actividade de warm up de escoller entre dúas cousas.
Penso que é unha boa actividade, parecida á de Luz, para empezar a clase e
espertar aos alumnos/as. Ademais, pódese utilizar en calquera curso porque a
dificultade podémola aumentar ou diminuír segundo as palabras que escollamos
para que se decanten. Así mesmo, penso que este xogo valería para practicar o
vocabulario de moitas unidades, como poden ser os alimentos, os transportes, as
viaxes...
Por outra parte, estivemos debatendo bastante sobre se as
seccións bilingües son boas ou non. Eu persoalmente non podo falar moito deste
tema, porque no meu instituto non había ningunha e non teño outro tipo de
experiencia con elas. Aínda así, creo que son boas para os alumnos/as porque é
unha maneira de practicar moito máis a lingua estranxeira e de coñecer moito
máis vocabulario específico. Polo que á larga, é moi beneficioso para eles. A
min a verdade é que gustaríame haber tido no meu instituto unha sección bilingüe.
Con respecto aos docentes, supoño que para eles
é bastante máis difícil dar a materia noutro idioma e, sobre todo, como
comentamos na clase, en institutos concertados ou privados que te poden obrigar
a facelo sen ser optativo. Pero supoño que nun futuro, a maioría dos docentes
terán bastantes máis coñecementos de inglés que os de agora, polo que terán xa
moito máis nivel e non lles costará tanto dar unha clase noutro idioma.
Por último, falando dos auxiliares de conversación,
tampouco teño moitos coñecementos nin experiencia neste tema, porque nin eu fun
auxiliar nin tiven ningún cando eu era estudante. Aínda así, creo que está moi
ben ter auxiliares, porque creo que aos alumnos/as motívalles moito máis que
estea na clase unha persoa nativa, coa que se teñan que esforzar ademais a
falar si ou si o seu idioma porque “non entende” español. Polo tanto, espero,
se algún día son docente, ter na miña clase algún auxiliar de conversación. Iso
si, esperemos que non estea case todos os luns con “dor de cabeza”, como nos
comentou Ana.
No que a min toca, só quero comentar que todas as actividades que se fagan na hora de titoría usando a L2 teñen que ser pactadas co alumnado, eles teñen que comprender e aceptar que sonj boa idea. E no teu caso, de francés, calquera delas se pode levar a cabo na L1, así que non tes por que deixar de facer unha boa actividade. O mesmo pasa con actividades que suxer´n para PMAR (The Magic List), poden funcionar moi ben tamén con grupos que comezan, como en francés de 1º da ESO
ResponderEliminar