Con respecto ao tema 4: O deseño curricular visto na clase, vou facer un
pequeno comentario sobre as competencias básicas seleccionadas polo MEC en
relación coas linguas estranxeiras. Estas competencias son sete: comunicación lingüística
(CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
(CMCCT), competencia dixital (CD), competencia aprender a aprender (CAA), competencia social e cívica (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor
(CSIEE) e conciencia e expresións culturais (CCEC).
En primeiro lugar, a aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe dunha
maneira directa á adquisición da competencia
en comunicación lingüística, xa que mellora a competencia comunicativa
xeral. Grazas a esta desenvólvese a habilidade para expresarse, oralmente e por
escrito, utilizando as convencións e a linguaxe apropiada a cada situación,
interpretando diferentes tipos de discurso en contextos diferentes e con
funcións distintas. Así mesmo, a contribución dunha lingua estranxeira ao desenvolvemento
desta competencia é primordial no discurso oral ao
adquirir as habilidades de escoitar, falar e conversar.
Por outro lado, a lingua estranxeira tamén axuda a adquisición da competencia matemática e as competencias básicas
en ciencia e tecnoloxía nunha gran variedade de situacións de comunicación cotiás
como, por exemplo, a realización de operacións matemáticas sinxelas, a
comparación de prezos, dimensións, divisas, distancia entre lugares, número de
habitantes, ademais de resolver problemas, representar ou interpretar gráficos
ou estatísticas, etc. Así mesmo, entender os conceptos gramaticais, aplicar ou
deducir as normas nunha lingua, facer comparacións entre a lingua materna e a
lingua estranxeira ou buscar similitudes e diferenzas, contribúen tamén ao
desenvolvemento do pensamento lóxico.
As linguas estranxeiras tamén están moi relacionadas coa competencia dixital, xa que as
tecnoloxías da información e a comunicación ofrécennos a posibilidade de
comunicarnos en tempo real con calquera parte do mundo e, polo tanto, con
calquera persoa cunha lingua diferente á nosa. Ademais, o coñecemento dunha
lingua estranxeira facilita o acceso a información que se pode encontrar nesta
lingua, ao mesmo tempo que ofrece a posibilidade de comunicarnos utilizándoa.
Ademais, a partir da adquisición da linguaxe, como ocorre nas materias de
linguas estranxeiras, esta convértese en vehículo do pensamento humano, en
instrumento para a interpretación e representación da realidade e na ferramenta
principal da aprendizaxe. Así pois, contribúe de maneira esencial ao
desenvolvemento da competencia para
aprender a aprender, xa que acrecenta a capacidade lingüística xeral, outorgándolle
novos recursos para a comprensión e expresión, facilitando ou completando a
capacidade do alumnado para interpretar ou representar a realidade e así construír
coñecementos, formular hipóteses e opinións, expresar e analizar sentimentos e
emocións, etc. Por outro lado, esta competencia ten un papel fundamental se nas
clases se inclúen contidos directamente relacionados coa reflexión sobre a
propia aprendizaxe, para que cada alumno poida identificar como aprende mellor
e que estratexias son máis eficaces, favorecendo así á autonomía do alumnado.
As linguas estranxeiras tamén son un bo vehículo para o desenvolvemento
da competencia social e cívica, xa
que as linguas sérvenlle aos falantes para comunicarse socialmente e forman
parte da cultura das diferentes comunidades e nacións. Ademais, moitas veces
son vehículo de comunicación e transmisión cultural, e favorecen ao respecto,
ao interese, á comunicación con falantes doutras linguas e ao coñecemento e á
aceptación de diferenzas culturais e de comportamento. Por outro lado, nas linguas
estranxeiras é especialmente relevante o traballo en grupo e por parellas, polo
que, a través destas interaccións, apréndese a participar, a expresar as ideas
propias e a escoitar as dos demais, desenvolvendo a habilidade para construír
diálogos, tomar decisións, conseguir acordos, e, en definitiva, aprender de e
cos demais
Así mesmo, o
coñecemento dunha lingua estranxeira contribúe tamén a adquisición da competencia sentido de iniciativa e
espírito emprendedor. O currículo fomenta o traballo cooperativo na aula, a
toma de decisións, o manexo de recursos persoais e habilidades sociais de
colaboración e negociación, o que supón poñer en funcionamento determinados
procedementos que permiten o desenvolvemento de iniciativas e toma de decisións
na planificación, organización e xestión do traballo, propiciando así a
autonomía e a iniciativa persoal. Ademais, o traballo, tanto individual como en
equipo, no que o alumnado é animado a buscar información, organizar as súas
ideas e presentalas, tamén contribúe a desenvolver esta competencia.
Por último, a lingua estranxeira inclúe tamén un achegamento a manifestacións culturais
propias da lingua e dos países nos que se fala esa lingua e, polo tanto,
contribúe a adquirir a competencia conciencia
e expresións culturais ao propiciar un
achegamento a obras ou autores que contribuíron a creación artística desa
lingua. Ademais, o estudo dunha lingua estranxeira facilita moito o desenvolvemento
desta competencia, xa que nas clase exprésanse opinións, gustos e emocións que
producen diversas manifestacións culturais e artísticas e habitualmente
realízanse traballos creativos individuais ou en grupo, como a realización e
representación de simulacións, sketchs ou narracións.
Moi interesante. A redacción moi clara e precisa.
ResponderEliminarEstoy de acuerdo con Roberto, todo muy claro. Qué importante introducir e integrar las siete competencias, ya que es muy frecuente darle mayor importancia a la CCL y a la CMCCT, dejando el resto en un segundo plano.
ResponderEliminar