Con respecto ao tema 5: Programacións didácticas, vou
facer un pequeno comentario sobre un dos seus elementos máis importantes, a
avaliación. A avaliación é un proceso que ten como fin
determinar en que medida se lograron os obxectivos que se estableceron durante
o proceso de ensinanza-aprendizaxe, que supón un xuízo de valor sobre unha
programación didáctica previamente feita, e que se emite ao contrastar esa
información con ditos obxectivos. A avaliación da aprendizaxe ten diferentes
tipos de aplicación, en canto á súa temporalización, é dicir, segundo o momento
en que se aplican, polo que esta pode ser: inicial ou diagnóstica, continua ou formativa
e final ou sumativa.
Con respecto á avaliación diagnóstica, esta é a
que se realiza ao inicio dun curso, módulo ou unidade didáctica, dunha etapa
educativa. Este tipo de avaliación axuda a detectar a situación de partida do
alumnado, a través da cal o docente inicia o proceso educativo cun coñecemento
real de todos e cada un dos alumnos e alumnas. Polo tanto, poderiamos dicir que
a avaliación inicial é unha investigación sobre as competencias nos tres
dominios: saber, saber facer e saber ser e estar. Unha vez conseguida a
información, adaptaranse os posible cambios á unidade programada, para adecuala
ao nivel de competencias encontradas no grupo clase. Así, esta avaliación permitiralle
tamén ao docente deseñar posibles estratexias metodolóxicas-didácticas e levar
a súa práctica á realidade dos coñecementos previos do alumnado. Ademais, é
importante realizar unha ampla escolla de datos para precisar características
dos estudantes, así como identificar as súas necesidades, intereses e
capacidades e coñecer aspectos tamén persoais, sociais, etc., para ter un coñecemento
o máis amplo posible. En resumo, esta avaliación ten unha función eminentemente
diagnóstica, xa que servirá para coñecer ao alumnado e así adaptar dende o
primeiro momento a actuación do docente ás necesidades dos estudantes.
En canto á avaliación formativa, esta se programa
en moitos momentos durante o desenvolvemento dun curso, unidade didáctica, etc.
Está considerada coma un proceso de perfeccionamento e optimización e, con ela,
preténdense establecer cambios permanentes e eficaces na conducta dos estudantes,
que consta das valoracións constantes da aprendizaxe mediante a aplicación dunha
variedade de instrumentos de avaliación e o análise dos resultados. Ademais,
esta avaliación posibilita recoñecer potencialidades e dificultades do proceso
de aprendizaxe de cada estudante, así como da ensinanza do docente. Polo tanto,
os resultados interesan, tanto a docente que pode utilizalos para modificar a
súa planificación sen esperar ao final do proceso, como ao alumnado que pode
utilizalos para modificar o seu método de aprendizaxe. Grazas a esta maneira de
actuar, será moito máis fácil que a maioría de alumnos e alumnas alcancen as
competencias propostas, xa que se un docente non ten datos de seguimento dos
estudantes ao longo do curso, cando chegue a etapa final, estes terán poucas
oportunidades para emendar as dificultades presentadas. En resumo, coa avaliación
formativa obtense o coñecemento sobre o nivel que os estudantes están
alcanzando ou as dificultades ás que se están enfrontando, polo tanto esta
avaliación resulta preventiva xa que hai oportunidade para reaxustar a
metodoloxía de ensinanza ás condicións de aprendizaxe do alumnado.
Por último está a avaliación sumativa, que consiste
na recollida e valoración de datos ao finalizar un período de tempo previsto
para a realización dun proceso de ensinanza-aprendizaxe, como constatación do
alcance dos obxectivos previstos. A finalidade desta avaliación é coñecer o que
saben os estudantes para comprobar o que aprenderon e como integraron eses coñecementos. Ademais, esta
avaliación supón un momento de reflexión en torno ao alcanzado despois dun
prazo establecido e os resultados que aporta poden ser o punto de partida da
avaliación inicial do seguinte curso, unidade didáctica, etc.
En conclusión, os tres tipos de avaliación son moi
importante para levar a cabo con éxito o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Ademais, todas están conectadas entre si, xa que en realidade o proceso
educativo non ten un principio e un fin claramente establecidos, senón que todo
é un continuo. Polo tanto, nós, como futuros docentes, debemos ter en conta sempre tanto a avaliación diagnóstica, como a formativa e a sumativa.
Ola Ruth! Estou totalmente de acordo coa túa reflexión. Os tres tipos de avaliación son moi importantes porque cada unha ten a súa propia función e nós coma docentes temos que ter en conta todo o proceso!
ResponderEliminarUn saúdo
Miriam
https://cueillelejourpresent.blogspot.com.es/
Boas, Ruth!
ResponderEliminarEfectivamente, estou totalmente de acordo contigo e con Miriam en que a avaliación correspóndese cun dos elementos máis importantes e relevantes da composición dunha programación didáctica, xa que como docentes é imprescindible que coñezamos o grao de satisfacción e éxito que teñen os nosos alumnos con respecto aos contidos e obxectivos que se propoñen, e tamén con respecto ao grao de bos resultados que teñen as metodoloxías que nós aplicamos (neste caso fago referencia a unha autoavaliación nosa como docentes).
No debate sobre esta temática que fixemos na aula, establecemos que xunto ca avaliación, os outros dous elementos máis importantes eran os obxectivos e a metodoloxía. Estás de acordo con esta clasificación ou, pola contra, engadirías ou sustituirías algún elemento?
Moitas grazas polo teu post, Ruth!
Estou totalmente de acordo contigo Vera. Grazas por ler a miña entrada e dar a túa opinión ao respecto.
Eliminar